O CONCELLO DE SOBER SERÁ UN DOS BENEFICIARIOS DO PROXECTO QUE DOTA DE ACCESO WIFI A PRAZAS E CASAS CONSISTORIAIS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER SERÁ UN DOS BENEFICIARIOS DO PROXECTO QUE DOTA DE ACCESO WIFI A PRAZAS E CASAS CONSISTORIAIS

O Concello de Sober será un dos poucos da Ribeira Sacra que se beneficie dun proxecto europeo consistente na dotación totalmente gratuíta de novos espazos wifi ós 49 Concellos da provincia que se adheriron ó programa Innova-TE. A Unión Europea financia ó 80% os traballos, mentres que a parte restante lle corresponde á Deputación provincial. O proxecto conta cun orzamento de 215.000 euros.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, felicítase por estar entre os concellos que decidiron adherirse para desenvolver o proxecto, posto que, segundo destaca, “trátase dun servizo innovador e moi importante”.
 
Segundo avanzou a Deputación de Lugo, os traballos darán comezo nuns dous meses tras rematar os trámites administrativos previos. Está previsto que se creen 3 puntos wifi en cada municipio, 2 nas prazas consistoriais e 1 máis no interior dos propios edificios, cunha velocidade de 256 Kas por segundo, a velocidade máxima legal permitida ás administracións públicas.
 
A súa posta en marcha facilitará que os usuarios destes puntos wifi accedan de xeito inmediato e dende calquera dispositivo móbil (ordenador, PDA, portátil ou teléfono) a espazos web coma páxinas institucionais, redes sociais ou correos webmail. 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober