LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN RECIBE AOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DO HOTEL PALACIO DE SOBER

  • Home
  • Novas
  • LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN RECIBE AOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DO HOTEL PALACIO DE SOBER

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, mantivo esta mañá unha reunión con representantes sindicais dos traballadores do Hotel Palacio de Sober de cara a coñecer a situación do establecemento, despois do anuncio dun ERE por parte da empresa. Fernández Guitián atendeu as explicacións dos representantes sindicais, aos que lles trasladou o seu interese porque “todo se solucione”.
 
O rexedor considerou o establecemento hoteleiro como “unha importante icona, tanto para Sober como para a Ribeira Sacra”, polo que mostrou a súa colaboración para que “todo se arranxe”. Guitián avogou porque se acheguen as posición inicias “polo ben de todos”. Manifestou a súa solidariedade cos traballadores, ao tempo que afirma comprender a situación que esgrime a empresa para propor as medidas anunciadas.
 
O alcalde de Sober mostrou a súa disposición a mediar entre as partes e avanzoulles aos representantes dos traballadores que tratará de falar coa empresa para exporlle a importancia que o establecemento ten para o municipio e a comarca. Guitián confía en que se atopen fórmulas “para que as cousas melloren e se chegue a un acordo de consenso”.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober