O ALCALDE DE SOBER AGRADECE A TODOS E TODAS OS QUE FIXERON POSIBLE QUE A FEIRA DO VIÑO DE AMANDI “SEXA UN ÉXITO ANO TRAS ANO”

  • Home
  • Novas
  • O ALCALDE DE SOBER AGRADECE A TODOS E TODAS OS QUE FIXERON POSIBLE QUE A FEIRA DO VIÑO DE AMANDI “SEXA UN ÉXITO ANO TRAS ANO”

O Concello de Sober celebrou esta fin de semana a XXXIII Feira do Viño de Amandi na que participaron 21 adegueiros que presentaron a nova colleita deste ano. O alcalde do municipio, Luis Fernández Guitián, agradece a todos os que fixeron posible que a Feira do Viño de Amandi “sexa un éxito ano tras ano”.
 
Durante toda a fin de semana a carpa instalada polo Concello foi visitada por milleiros de visitantes. Tanto é así que se esgotaron os 8.000 cataviños e colgadores que o Goberno local puxo á venda para a degustación do Amandi.
 
O alcalde de Sober fai un balance positivo da celebración e amosa o seu ánimo “de seguir traballando por Sober e polo viño de Amandi, o noso estandarte”. Fernández Guitián agradece o bo facer de todos os colleiteiros, artesáns e colaboradores que axudaron a desenvolver a Feira e, en especial, “a colaboración e humildade” do pregoeiro, David Cal, que ademais de enxalzar os caldos da Ribeira Sacra, visitou todos os postos e atendeu aos que quixeron facerse unha fotografía con el.
 
“O mellor viño do mundo tivo ao mellor piragüista do mundo”, explicou o rexedor.
 
A exposición de pintura que se inaugurou o sábado na Casa da Cultura de José Sanjurjo Matilla, veciño de Rosende, permancerá aberta ao público durante quince días. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober