O CONCELLO DE SOBER CELEBRA MAÑÁ O PRIMEIRO MERCADIÑO DE INTERCAMBIO DE LIBROS E OUTRO MATERIAL AUDIOVISUAL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CELEBRA MAÑÁ O PRIMEIRO MERCADIÑO DE INTERCAMBIO DE LIBROS E OUTRO MATERIAL AUDIOVISUAL

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober levará a cabo mañá na Praza do Concello un mercadiño de intercambio de todo o material que os veciños e veciñas doaron no mes de marzo: libros, revistas, cd’s, vídeos, e outros artigos audiovisuais. Se o tempo non acompaña o acto desenvolverase no Centro Sociocultural.
 
O Concello de Sober pretende conmemorar así o ‘Mes do libro’ a través dunha actividade organizada e promovida pola Biblioteca municipal.
 
Próximo mercadiño o 26 de abril
As semanas previas á celebración dos mercadiños os nenos e nenas participantes nas ‘Merendas con contos’ foron os encargados de facer os carteis para publicitar o evento e catalogar o material. Mañá e o próximo 26 de abril serán tamén os encargados de intercambiar o material entre os veciños e veciñas que decidan participar. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober