A Biblioteca Municipal do Concello de Sober celebra mañá o Día do Libro cunha visita ao CEIP Virxe do Carme ás 12:00 do mediodía na que tamén participará o alcalde, Luis Fernández Guitián. Está prevista a realización e pase dun audiovisual dedicado a Don Quijote de la Mancha, no que participarán alumnos e mestres do Colexio, o Club de Lectura da Biblioteca e persoal do Concello.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, os membros do Club de Lectura Pintor de Castinande visitan a Biblioteca de Escairón desde onde farán unha excursión polo municipio, concretamente a Abuime e Seteventos.
O venres 26 a Biblioteca Municipal de Sober levará a cabo o segundo mercadiño de libros e outros produtos audiovisuais que atenderán os nenos e nenas que participan nas ‘Merendas con contos’. O mercadiño desenvolverase a partir das 16:00 horas na Praza do Concello.
