O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA PARA O XOVES DÍA 30 DE MAIO UNHA NOVA XORNADA PARA A RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA PARA O XOVES DÍA 30 DE MAIO UNHA NOVA XORNADA PARA A RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

O Concello de Sober organiza para xoves día 30 de maio unha nova xornada para a recollida de plásticos agrícolas. O servizo será totalmente gratuíto para os agricultores e contribuirá ao coidado do medio ambiente ao permitir eliminar de xeito eficiente o gran volume de plásticos que se acumula nas distintas explotacións do Concello.
 
O Goberno local recoméndalle aos agricultores que leven os plásticos debidamente atados aos lugares de recollida para que sexan facilmente manexables.
 
Os puntos de recollida e horarios estimados son os seguintes:
 
09:00 horas: Casa Escola de Neiras.
09:30 horas: Gundivós o Vello
10:00 horas: Praza de Mer (Proendos).
10:30 horas: Suirexa (Figueiroá).
11:00 horas: Rotonda das Gándaras (Pinol).
11:15 horas: Praza de Doade.
 
O Concello de Sober agradece de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober