O Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Antonio que dan comezo hoxe na parroquia de Anllo San Esteban. Os festexos iniciaranse a partir das dez da noite cunha pancetada gratuíta e baile co trío Atrévete.
O sábado ás 13:30 horas haberá misa, procesión e sesión vermú coa Orquestra Los Españoles. Ás 21:00 horas será a quenda do baile con Los Españoles e Super Fama. A sesión de fogos de artificio está prevista para as 24:00 horas.
O domingo ás 13:30 horas haberá misa con procesión e sesión vermú coa Orquestra Odeón. Ás 21:00 horas será o baile con Odeón.
O xoves día 13 ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne na honra de San Antonio.
A próxima Festa na honra de San Antonio será en Bolmente os días 14, 15 e 16 de xuño.
