O Concello de Sober colabora coa celebración de San Xoán que celebran mañá os veciños de Rosende por segundo ano consecutivo. A partir das oito da tarde haberá unha fogueira e unha churrascada para todos os veciños e veciñas que queiran participar.
Tamén haberá misas con procesión de San Xoán en Barantes o 22, 23 e 24 de xuño ás 13 horas. As casas da parroquia festexan esta data con xuntanzas familiares.
