LA VUELTA 2013 SAIRÁ DE SOBER O 28 DE AGOSTO

  • Home
  • Novas
  • LA VUELTA 2013 SAIRÁ DE SOBER O 28 DE AGOSTO

A Oficina de Turismo de Lugo acolleu hoxe a presentación de La Vuelta 2013 que pasará pola provincia de Lugo o día 28 de agosto, tras outras catro etapas en Galicia. No acto de presentación interviñeron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o director de La Vuelta, Javier Guillén; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias e mais o presidente da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, José Francisco Real.
 
A proba deportiva conta con 5 etapas en territorio galego nesta 68 edición e a etapa Sober-Lago de Sanabria consta de 168,4 quilómetros. Segundo destacou a directora de Turismo de Galicia, “La Vuelta é o mellor escaparate para o destino Galicia porque percorre algúns dos paraxes máis espectaculares da nosa xeografía.
 
Do mesmo xeito, a directora de Turismo incidiu en que o comezo de La Vuelta en Galicia é unha gran oportunidade e unha ocasión única que servirá para proxectar a imaxe do noso destino nos máis de cen países nos que a proba se emite en directo.
 
Segundo explicou Nava Castro, a visibilidade internacional deste evento, tamén a través do spot con música de Carlos Núñez, permitirá xerar gran repercusión, tanto a través da súa retransmisión diaria por diferentes canles, así como polo impacto directo inmediato que ten nas zonas polas que transcorre. 
 
Na quinta etapa, que sairá de Sober o día 28 de agosto e percorrerá os municipios de Monforte e Quiroga ata adentrarse na provincia de Ourense, os espectadores terán ocasión de ver unha das paisaxes máis singulares de Galicia, así como de descubrir as potencialidades do destino para la práctica das actividades deportivas e do turismo activo.
 
Do mesmo xeito, a directora de Turismo eloxiou a iniciativa da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo, que poñerán en marcha a iniciativa ‘E para comer, Lugo’, que consiste en dar a coñecer os produtos gastronómicos con indicacións ou distintivos de calidade da provincia. Os produtos poderán ser presentados e degustados nun stand promocional que acompañará ás etapas de La Vuelta.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober