O ARTE DA FEIRA DE AMANDI EXPOSTO NO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

  • Home
  • Novas
  • O ARTE DA FEIRA DE AMANDI EXPOSTO NO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

Nós 33 anos de historia que ten a feira soberina, os seus promotores sempre tiveron especial coidado na elaboración do cartel promocional do evento.  Unha boa parte deles  foron feitos  por pintores de recoñecida traxectoria e escollidos polos organizadores por estar  vencellados dalgún xeito as terras soberinas, caso de Antón Patiño, Modesto Trigo, Arturo Ceide, Cristian Domecq  ou José María Barreiro.

Outros carteis  son de persoas menos coñecidas pero igual de amantes das terras de Sober e da viticultura da Ribeira Sacra e  foron eles quenes se dirixiron a organización  pedindo  poder facelo cartel da mostra.

Cabe sinalar a aportación feita polo debuxante monfortino “Trujillo”. O  cartel que él realizou  serviu para anunciar  a feira nove anos consecutivos. O único que se lle cambiaba era a data de celebración e a edición. Houbo tamén anos nos que o cartel foi o resultado de concursos convocados  polos organizadores,  nuns casos no ámbito escolar e noutros dirixidos o público en xeral.

De todo hai, nesta  exposición que dende este xoves ata o día 21 poderemos ver no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Serviranos para repasala historia  da feira máis antiga de cantas o viño se celebran  na zona ,  xa que poderemos ver carteis dende 1981 ata a actualidade. Teremos ocasión de comprovar  as distintas interpretacións que se fixeron do evento.  Serviranos tamén a mostra para vela evolución  do caterlismo promocional.

Deste xeito o Centro do Viño da Ribeira Sacra  pretende poñer en valor o traballo feito o longo dos anos nunha feira que foi pioneira na promoción do viño desta terra contribuindo a propia posta en marcha da Denominación de Orixe.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober