O Concello de Sober colabora cos veciños e veciñas de Gundivós na organización das Festas na honra a Santiago e Santa Ana que se celebrarán os próximos 24, 25 e 26 de xullo. O programa festivo comeza cunha pancetada gratuíta o día 24 ás nove da noite e coa actuación da Orquestra Fin de Siglo.
O día 25 celebrarase unha misa con procesión á unha do mediodía. Tamén haberá sesión vermú e baile de tarde-noite coa Orquestra Marca. O último día de festa, o 26 de xullo, haberá misa con procesión á unha, sesión vermú e baile de tarde-noite co Grupo Atrévete.
