O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a delegada da Xunta en Lugo e tamén soberina, Raquel Arias, visitarán mañá ás 13:00 horas a Residencia Nosa Señora do Carme para felicitar a Teresa Rodríguez Rodríguez, natural de Doade, polo seu 100 cumpreanos.
Na actualidade Sober conta con oito habitantes que superan os cen anos, entre eles, un dos avós de Galicia, Epifanio Feijóo Prieto, veciño de Santa María en Gundivós, quen cumpriu 102 anos o 20 de xaneiro.
