O Concello de Sober celebrou onte un Pleno ordinario no que a Corporación acordou por unanimidade ceder ao bispado un terreo que se atopa ao lado do actual cemiterio parroquial de San Martiño de Arroxo, a onde pertence a capital municipal, para a posterior ampliación do camposanto. Haberá que agardar a que o bispado presente o proxecto e licenza de obra para efectuar a cesión definitiva.
A Corporación aprobou ademais ampliar o presuposto municipal en 25.000 euros para asumir gastos de axuda no fogar por mor do incremento no semestre das achegas que se perciben da Xunta de Galicia.
Por último, todos os grupos da Corporación votaron a favor dun rogo da concelleira Paula Vázquez Verao no que se lle reclama á Deputación de Lugo coñecer o estado do proxecto de acceso ao pantalán dos Chancís e a posta en valor dos pantaláns de Chanteiro e Chancís, a ambos os lados do Canón do Sil.
