SOBER CELEBRA O 11 E 12 DE AGOSTO A XVIII FEIRA DA ROSCA E OUTROS PRODUTOS DA RIBEIRA SACRA

  • Home
  • Novas
  • SOBER CELEBRA O 11 E 12 DE AGOSTO A XVIII FEIRA DA ROSCA E OUTROS PRODUTOS DA RIBEIRA SACRA

O Concello de Sober celebra os días 11 e 12 de agosto a XVIII Feira da Rosca e outros produtos da Ribeira Sacra. O evento comeza o domingo día 11 ás 21:00 horas coa apertura de stands e da exposición de pintura Al Ciurluini. Ás 22:30 horas actuará o Grupo Folk Tornaxeira de Valdeorras.
 
De seguido, ás 23:00 horas haberá unha degustación gratuíta de rosca con licor café e ás 23:30 actuará novamente o Grupo Folk Tornaxeira de Valdeorras.
 
Luns 12
O luns 12 de agosto a festa retómase co disparo de bombas de palenque ás 10:00 horas. Ás 10:15 horas reabriranse os stands e ás 11:30 horas actuará o Grupo de Música Tradicional Buxaina de Palas de Rei. Ás 13:30 horas levarase a cabo unha degustación de balde de 1.000 racións de rosca con queixo. Á mesma hora haberá unha actuación de Buxaina.
 
A exposición de pintura de Alejandro Ciurluini poderá ser visitada na Oficina de Turismo a partir do 11 de agosto e ata o 31.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, compareceu hoxe con varios dos participantes para dar a coñecer o programa da festa e animar a todos e todas os que o desexen a achegarse á localidade os próximos 11 e 12 de agosto.
 
O autor do cartel é o soberino Humberto Loureiro (Humberjumber). Nesta edición do evento participarán 5 rosqueiros, 2 oleiros de Gundivós, 2 produtores de mel, 4 panaderías, 3 queixerías, (unha delas de San Simón, unha de Allariz e unha de Castro Caldelas), un produtor de castañas e tres artesáns de vimbio, aramio e esmaltes. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober