O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA DA NOSA SEÑORA EN DOADE

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA DA NOSA SEÑORA EN DOADE

O Concello de Sober colabora coas festas na honra da Nosa Señora que terán lugar esta fin de semana, o sábado 17 e o domingo 18, en Doade. Ambos os días haberá misa con procesión ás 13:00 horas.
 
O sábado 17 a partir das 21:00 horas haberá unha pancetada de balde no campo da igrexa e noite de festa co DJ Rhyko Defunk e o DJ Chavián.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os que estes días visitan a localidade ou se queiran achegar a participar na celebración.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober