O Concello de Sober colabora coa Romaría das Penas, en Arxemil, na honra a San Vitorio, que terán lugar desde mañá venres e ata o domingo 25 no Monte de San Marcos. O venres haberá unha pancetada gratuíta a partir das 21:00 horas e baile co trío Atrévete. Ás 00:00 horas haberá unha sesión de fogos de artificio e disco móbil con Dinosa Espectáculo.
O sábado 24 e o domingo 25 haberá misa con procesión ás 13:30 horas, sesión vermú e baile de tarde-noite. O primeiro dos días amenizarán a festa a Orquestra D’Momento e o dúo Suso Botana e o domingo 25 a Orquestra Nebraska.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os que estes días visitan a localidade ou se queiran achegar a participar na celebración.
