O ALCALDE DE SOBER ANUNCIA QUE AS PISCINAS CONTARÁN CON VARIAS FESTAS ACUÁTICAS E NOVAS ACTIVIDADES INFANTÍS EN 2014, LOGO DA BOA ACOLLIDA DESTE ANO

  • Home
  • Novas
  • O ALCALDE DE SOBER ANUNCIA QUE AS PISCINAS CONTARÁN CON VARIAS FESTAS ACUÁTICAS E NOVAS ACTIVIDADES INFANTÍS EN 2014, LOGO DA BOA ACOLLIDA DESTE ANO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anuncia que as piscinas municipais contarán con máis dunha festa acuática en 2014 logo da boa acollida que as actividades tiveron este verán, así como outras actividades infantís que se desenvolverán na época estival. Concretamente, o día no que se celebrou a festa acuática con inchables, o pasado 14 de agosto, pasaron polas instalacións do Concello 750 persoas.
 
Fernández Guitián avanza tamén que antes da primavera se farán obras de mantemento nas piscinas, como a reparación das duchas ou o repintado exterior e exterior das instalacións.
 
Usuarios
O rexedor fai balance ademais dos dous meses nos que estiveron abertas as piscinas e nas que se rexistrou un aumento de usuarios superior aos 600 con respecto ás cifras de 2012. Así, este verán vendéronse 4.343 entradas de adultos e 1.808 infantís (os nenos menores de seis anos accederon de balde).
 
Así mesmo, distribuíronse 78 bonos familiares (22 máis que o ano anterior), 14 individuais e 5 infantís. Ademais, nos cursos de natación participaron 10 nenos e nenas, aos que hai que sumar 8 persoas na actividade de aquagym.
 
Desde o Concello de Sober agradecen a participación de todos aqueles que mantiveron as instalacións “vivas” durante o verán e converteron o espazo nun punto de encontro e disfrute, tanto para a xente da localidade, como para os visitantes.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober