O Agro do Viñal en Rosende foi o lugar elixido pola empresa Touché adestramento canino para levar a cabo unha exhibición de cans de traballo e obediencia. A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar o próximo domingo 29 de setembro a partir das as once da mañá.
A mesma empresa fará unha exhibición similar o sábado 28 no aparcamento da praia de Samil en Vigo. Entre o traballo que van amosar está a obediencia básica e educación social do can, alta obediencia e control absoluto, cans detectores de drogas e explosivos, cans de rescate e cans operativos de intervención e defensa.
A empresa é a mesma que organiza o curso de adestrador profesional de cans co que colabora o Concello de Sober e que se levará a cabo na localidade a partir do 14 de outubro durante catro semanas ininterrumpidas e para o que segue aberto o prazo de inscrición.
O curso consta de 330 horas teórico-prácticas nas que se impartirá o temario de cualificación profesional adestramento de base e educación canina. Nivel II. BOE 209 do 31 de agosto. A formación está dirixida a traballadores dos Corpos e Forzas de Seguridade, Policías ou a particulares interesados no coñecemento e dominio dos cans.
O Concello de Sober cede a Casa da Cultura para levar a cabo as clases teóricas, mentres que as prácticas se realizarán en Rosende, na finca da Fundación Belarmino. Os interesados poden acadar máis información na web www.toucheexperiencias.com ou no número de teléfono 609763325.
