O CONCELLO DE SOBER PREVÉ A CONSTRUCIÓN DUN GRUPO DE VIVENDAS SOCIAIS PRETO DO COLEXIO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER PREVÉ A CONSTRUCIÓN DUN GRUPO DE VIVENDAS SOCIAIS PRETO DO COLEXIO

O Concello de Sober prevé a construción dun grupo de vivendas sociais na antiga casa do conserxe do CEIP Virxe do Carme e o seu entorno, logo de que a Consellería de Educación autorizara a súa desafectación. Estas edificacións virían a sumarse ao grupo de oito vivendas sociais coas que xa conta o municipio.
 
O PXOM de Sober, recentemente aprobado, xa contempla un área urbana cun novo vial para esa zona.
 
A resolución da Xunta desvincula do uso educativo unha área de 2.665 metros cadrados compostos por unha parcela rectangular de 41 metros de fronte e 65 de fondo e que linda en parte con outro terreo de titularidade municipal. O Goberno local de Sober ten solicitado a desafectación do edificio e da parcela para poder empregalos, nos anos vindeiros, como espazo para poñer a disposición dos veciños e veciñas vivendas de promoción pública.
 
A Conserllería valorou a viabilidade da proposta ao confirmar que a vivenda do conserxe non é necesaria para usos educativos, xa que na actualidade no CEIP Virxe do Carme de Sober non existe esa figura. Estímase ademais que as dotacións do colexio non se van ver afectadas porque o centro conta con espazos suficientes para o uso escolar, quedando aulas libres.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober