O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO PARA QUE OS ESTUDANTES UNIVERSITARIO SOLICITEN AS BECAS DE TRANSPORTE

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO PARA QUE OS ESTUDANTES UNIVERSITARIO SOLICITEN AS BECAS DE TRANSPORTE

O Concello de Sober abre o prazo para que todos e todas os estudantes universitarios interesados soliciten as becas de transporte. As peticións poderán tramitarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil ata finalizar o mes de outubro en horario de 11 a 13 horas e de 16 a 20 horas. Tamén poden obter información nos teléfonos: 982.46.04.14 e 982.46.05.13.
 
O pasado ano beneficiáronse destas axudas preto de 30 mozos e mozas de Sober.
 
Documentación necesaria
Os interesados deben presentar un certificado de matrícula, un certificado de empadroamento e unha fotocopia da Declaración da Renda da unidade familiar. Unha vez recollidas todas as solicitudes, o departamento de Servizos Sociais municipal fará un informe e posteriormente serán comunicadas as axudas aos demandantes.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober