O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DO ROSARIO EN AMANDI

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DO ROSARIO EN AMANDI

O Concello de Sober colabora coas Festas do Rosario que esta fin de semana terán lugar en Amandi. A celebración comeza mañá ás 9 da noite cunha pancetada gratuíta.
 
O sábado día 19 haberá misa e procesión ás 13:30 horas e sesión vermú coa Orquestra Solara. A partir das 8 da tarde a Orquestra Solara actuará de novo nun baile de tarde-noite ao que tamén se incorpora o Dúo Estelar.
 
O domingo día 20 volve haber misa con procesión ás 13:30 horas e sesión vermú coa Orquestra Fantasía, quen tamén amenizará o baile de tarde de noite a partir das 20:00 horas.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos e todas os veciños a participar nos festexos.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober