O CONCELLO DE SOBER CREA UN REXISTRO PARA QUE AS EMPRESAS LOCAIS PARTICIPEN NAS CONTRATACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAIS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CREA UN REXISTRO PARA QUE AS EMPRESAS LOCAIS PARTICIPEN NAS CONTRATACIÓNS PÚBLICAS MUNICIPAIS

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, remitíralle nos vindeiros días unha carta a todos os empresarios e autónomos da localidade na que lles comunicará a creación dun rexistro no que poderán anotarse para participar nas licitacións de contratos de obras, servizos, xestión de servizos públicos e suministros que leve a cabo o Concello. A única condición para inscribirse no rexistro é que cumpran as condicións esixidas pola lexislación de contratos do sector público (TRLCSP 3/2011).
 
Fernández Guitián sinala que se trata dunha medida novidosa “coa que se pretende promover e apoiar ás empresas locais”. As firmas terán prioridade nas contratacións públicas municipais, posto que serán as únicas que participen nos procesos de contratación por invitación, sempre que exista oferta local para o servizo que se demande.
 
Todos os empresarios e autónomos locais interesados en formar parte do rexistro deben acudir ás oficinas municipais durante os meses de novembro e decembro para formalizar a súa alta.
 
A información dos licitadores que se rexistren aparecerá na páxina web do Concello de Sober www.concellodesober.com

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober