O Concello de Sober programa un obradoiro de teatro durante o Nadal dirixido a nenos e nenas a partir de cinco anos. O taller vai ser impartido pola directora de escena e dramaturga Eva F. Ferreira.
A actividade desenvolverase no Centro Sociocultural de Sober do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, de luns a venres agás os días festivos. O horario será de 16.30 a 18:30 horas.
A inscrición terá un custo de cinco euros. Todos os interesados poden anotarse ou obter máis información na biblioteca pública municipal ou no número de teléfono 982.46.05.13.
O CONCELLO DE SOBER INICIARÁ O EXPEDIENTE SOBRE OS LINDES CON MONFORTE ANTE A SUBDIRECCIÓN XERAL DO INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL8 de Decembro de 2013OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE SOBER PARA 2014 ASCENDEN A 1,7 MILLÓNS DE EUROS E PRIORIZAN O GASTO SOCIAL E O INCREMENTO DAS INVERSIÓNS REAIS12 de Decembro de 2013
