SOBER RENOVA AS PORTAS DE ACCESO Á CASA DO CONCELLO EN VIRTUDE DUN CONVENIO COA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

  • Home
  • Novas
  • SOBER RENOVA AS PORTAS DE ACCESO Á CASA DO CONCELLO EN VIRTUDE DUN CONVENIO COA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, asinaron recentemente un convenio de colaboración para a renovación das portas de acceso principal á Casa do Concello. O rexedor destaca a importancia de contar cun consistorio funcional e que “ofreza a mellor das imaxes para os traballadores, os administrados e os visitantes”.
 
O texto do convenio cita como obxectivo básico da actuación o cambio das portas de acceso á Casa do Concello, xa que a pesar do importante esforzo económico do Goberno local, este non foi suficiente, polo que se viu obrigado a pedir axuda para realizar o proxecto.
 
A actuación resulta de interese para a Xunta de Galicia polo que supón de potenciación e apoio á prestación de servizos por parte dos concellos, como administración máis próxima aos administrados. A Xunta explica que a conxuntura e a existencia de crédito axeitado e suficiente acreditan a existencia de razóns de interese público que xustifican o recursos ao procedemento excepcional de concesión directa dunha subvención a favor do Concello de Sober.
 
O proxecto presenta un orzamento total de 6.267,80 euros, dos que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega 6.000 euros. As portas xa foron instaladas a pasada semana.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober