O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE SAN AMARO EN PROENDOS DESTA FIN DE SEMANA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE SAN AMARO EN PROENDOS DESTA FIN DE SEMANA

O Concello de Sober colabora coas festas na honra a San Amaro que esta fin de semana se celebran en Proendos. A celebración comeza o sábado cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober ás 11:00 horas. De seguido, a partir das 13.15 haberá misa con procesión.
 
Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, será a quenda do baile coa Orquestra Compostela.
 
O domingo ás 11 haberá de novo pasarrúas coa Banda de Música de Sober. Ás 13.15 horas celebrarase a procesión e haberá misa cantada polo dúo Marta e María.
 
A festa remata pola tarde coa actuación de Bandoneón.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta primeira celebración do 2014.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober