O Concello de Sober convocou mañá martes a primeira das reunións preparatorias para a posta a punto da XXXIV edición da Feira do Viño de Amandi. A feira desenvolverase, como é habitual, o sábado e o domingo de Ramos, os días 12 e 13 de abril.
A reunión terá lugar mañá no Centro Sociocultural ás 19:30 horas e contará coa participación de todas as adegas de Sober amparadas pola D.O. Ribeira Sacra. Está previsto que no encontro se perfilen os detalles do Mes do Amandi, que por terceiro ano consecutivo, encherá o municipio de actividades semanais o mes previo á celebración da Feira.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que na reunión tamén se coordinará cos colleiteiros os detalles do evento, así como os pormenores relacionados co programa lúdico e coa organización en xeral.
O Concello de Sober agarda poder presentar un programa completo e innovador que de novo capte a atención de xente da Comarca, da provincia de Lugo e de toda Galicia.
