O CONCELLO DE SOBER SUMA UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER SUMA UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou esta mañá no seu domicilio de Vaz, en Vilaescura, a Francisca González Pérez, á que acompañou na celebración do seu 100 aniversario.
 
Con esta nova centenaria o Concello de Sober suma nove veciños e veciñas que pasan dos 100 anos.
 
O alcalde fíxolle entrega dun agasallo e compartiu con ‘Panchita’ -como así a coñecen na aldea- e coa súa familia e veciños da parroquia cos que compartiu doces, café e pastel de centenario para celebración deste día tan especial.  

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober