O CONCELLO DE SOBER ACOMETE MELLORAS EN PISTAS DE ACCESO AOS VIÑEDOS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ACOMETE MELLORAS EN PISTAS DE ACCESO AOS VIÑEDOS

O Concello de Sober está a levar a cabo importantes melloras en pistas de acceso a viñedos na ribeira de Doade, concretamente nos lugares de  O Viso, A Capitana e Meixemán. Trátase de traballos de pavimentación e mellora xeral das pistas que conducen ás viñas.
 
O Goberno local é o encargado de achegar o formigón, a maquinaria e os materiais. Ademais, destina parte do seu persoal municipal a colaborar coa man de obra dos viticultores da zona.
 
Os traballos son soportados con fondos municipais e está previsto que nas próximas semanas continúen noutras zonas da ribeira de Doade, así como noutras parroquias.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, subliña que a mellora de acceso aos viñedos “é unha prioridade para o Goberno municipal” tendo en conta a importancia económica do sector vitivinícola e as deficiencias que os adegueiros seguen atopando para achegarse ás viñas.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober