O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou esta mañá a María Dolores González Díaz (Lola) para felicitala no seu nome e no de todos os veciños e veciñas polo seu centenario. Lola está a pasar uns días coa súa filla en Monforte. Ten previsto volver en xuño a Gundivós –A Pena- onde reside habitualmente.
O Concello de Sober suma nove veciños e veciñas que superan os cen anos, despois da morte a semana pasada de Luis Fernández Otero natural de Fervenza, que faleceu en Sober aos 102 anos.
María Dolores González Díaz reside en A Pena de Gundivós e atópase en moi bo estado de saúde. Agradeceu o agasallo do alcalde e a súa visita, así como a dos familiares e amigos que lle felicitaron o día.
