PRETO DE 350 VECIÑOS E VECIÑAS DE SOBER PARTICIPAN MAÑÁ NA XV FESTA DOS AVÓS

  • Home
  • Novas
  • PRETO DE 350 VECIÑOS E VECIÑAS DE SOBER PARTICIPAN MAÑÁ NA XV FESTA DOS AVÓS

O Concello de Sober celebra mañá a XV Festa dos Avós, que terá lugar a partir das 13:30 no Pavillón do Colexio Virxe do Carme e para a que se anotaron 350 veciñas e veciños das 22 parroquias da localidade.
 
A xornada comezará cunha misa oficiada por todos os curas do Concello. De seguido haberá un xantar a base de empanada, polbo, carne asada con pementos, sobremesa, café e viño de Amandi. Tamén haberá unha actuación musical e baile.
 
Ao longo do día sortearanse máis de 100 agasallos doados por establecementos de Sober e da Comarca.
 
O Goberno local ofrece transporte gratuíto de ida e volta para todos interesados dende todas as parroquias do Concello.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober