O GRUPO DE ROCK ‘SÔBER’ DARÁ UN CONCERTO NA PRAZA DO CONCELLO DE SOBER O 28 DE XUÑO

  • Home
  • Novas
  • O GRUPO DE ROCK ‘SÔBER’ DARÁ UN CONCERTO NA PRAZA DO CONCELLO DE SOBER O 28 DE XUÑO

O grupo de rock español Sôber visitará a localidade do mesmo nome o vindeiro 28 de xuño para ofrecer un concerto gratuíto na Praza do Concello. O alcalde, Luis Fernández Guitián, considera que se trata do “acontecemento musical do ano no mundo do rock na Ribeira Sacra, tras a gran actuación folk na Feira do Viño de Amandi do gaiteiro Carlos Núñez”.
 
A actuación vai ser posible grazas á xestión persoal que o rexedor levou a cabo co grupo que, de maneira desinteresada, aceptou ofrecer un concerto na localidade. O grupo aceptou o concerto por considerarse xemelgos de nome con Sober. O Concello será o encargado de organizar o evento que finalizará cun festival protagonizado por cinco DJ locais.
 
Fernández Guitián asegura que a banda considerou o convite “unha idea magnífica” polo que buscaron un oco na súa xira para visitar os lugares máis emblemáticos do Concello de Sober e coñecer a Ribeira Sacra. Actualmente o grupo está coa presentación do seu novo traballo Letargo, un disco innovador e o primeiro de Europa en 3D.
 
O alcalde agradece a enorme oportunidade que supón para Sober que o mellor grupo de rock en directo de España actúe na localidade, polo que convida a todos os amentes do rock a achegarse á Ribeira Sacra o 28 de xuño e asistir a un concerto irrepetible que comezará arredor das 10 da noite. O alcalde non descarta que, ao igual que ocorreu con Carlos Núñez, o Concello de Sober teña protagonismo en próximos traballos discográficos do grupo.
 
Sobre Sôber
Sôber significa sobrio, e a sobriedade é unha das características máis notables do grupo, combinando a potencia musical coa melodía vocal, ademais da súa característica e orixinal posta en escena.
 
Fundada por Carlos Escobedo (voz e baixo) e Antonio Bernardini (guitarras), con Elías Romero á batería aos que se sumou Jorge Escobedo (guitarras) uns meses máis tarde, sendo esta a formación orixinal dos entón Sober Stoned.
 
Comezaron cantando en inglés e en 1994 gravaron a súa primeira maqueta titulada Mirror's Way, que incluía 5 cancións. A principios de 1997 lanzaron o seu primeiro disco oficial, Torcidos. Un álbum auto producido, que lles serviu para darse máis a coñecer.
 
Un dos fitos clave dentro da historia de Sôber é a gravación do tema La Prisión del Placer que se incluíu nun recompilatorio da revista Heavy Rock, e que supuxo una gran acollida por parte do público, levando ao grupo finalmente a gravar novos temas, esta vez co nome de Sôber, nos estudos Rocksoul e producido polo propio grupo e Alberto Seara. Estes temas chegan a mans de Zero Records quen decidiu fichar ao grupo.
 
A finais de setembro de 1998 editaron un CD-EP titulado Condenado e en 1999 empezan a xirar por todo o país. Ese mesmo ano gravan xunto con Óscar Clavel o seu segundo álbum, titulado Morfología que incluía temas como Abstinencia, Loco, Predicador ou o clásico La Prisión Del Placer.
 
En 1999 Alberto Madrid entra no grupo como novo batería.
 
Edítase o maxi-single Oxígeno, como anticipo do novo disco que sae á rúa en 2001, chamado Synthesys. Temas como Versus, Si Me Marcho ou Vacío converten a Synthesys nun dos mellores discos de Rock Alternativo que se gravaron neste país. Sôber comeza a destacar como un dos grupos punteiros del rock español, actuando con grupos como Deftones ou Him, e sendo aclamada a súa actuación en Festimad, outro dos fitos clave na historia do grupo.
 
O seu 4º traballo de estudo foi Paradÿsso. Diez Años, é a canción que impulsa a Paradysso e se converte rapidamente en número un das listas de música do país. Paradÿsso foi o álbum con máis éxito de Sôber e chegou a ser Disco de Platino, facendo tamén unha exitosa xira con máis de 100 concertos en 2 anos. O último disco de estudo foi Reddo.
 
Despois de máis de 10 anos xuntos, os membros do grupo decidiron separarse por un tempo e tomar camiños separados pero paralelos, con dous novos grupos Savia, (proxecto de Carlos Escobedo e Alberto Madrid) e Skizoo (formado polos dous guitarristas de Sôber, Antonio Bernandini e Jorge Escobedo).
 
A traxedia crúzase no camiño na historia do grupo co falecemento de Alberto Madrid o 30 de novembro de 2006 nun tráxico accidente de coche na M-40.
 
O grupo reúnese a finais de 2009, anunciando oficialmente a volta de Sôber o 1 de xaneiro de 2010, con Manu Reyes (batería de Savia nese momento) como novo batería de la banda. Este 2014 veñen de lanzar un novo disco co que están a percorrer España.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober