O Goberno local de Sober ultima todos os detalles para o concerto do grupo Sôber, que terá lugar o sábado 28 de xuño na Praza do Concello a partir das 22:00 horas.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, avanza que se habilitará unha zona gratuíta de acampada e outra de autocaravanas para todos aqueles que se acheguen á localidade. En concreto, a o espazo para a acampada situarase no campo de fútbol, mentres que a zona para as caravanas estará ubicada no Colexio. Ambas as dúas disporán de servizo de auga.
Os operarios municipais traballan tamén estes días na sinalización dos aparcamentos, así como das entradas e saídas ao centro para poder regular o tráfico nun día no que se espera unha importante afluencia de visitantes.
O rexedor pídelle desculpas aos veciños e veciñas polas molestias que esta actividade lles poida ocasionar, aínda que asegura que traballa “para que sexan as menos posibles”.
