SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DESTINADAS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, COMUNIDADES DE MONTES, AGRICULTORES E GANDEIROS, COLECTIVOS DE USUARIOS, ETC. (BOP Nº127, DE 05/06/2014).
LIÑA I.-Programa de recuperación e incorporación de terras para a posta en producción de recursos agrogandeiros.
Axudas a agricultores e gandeiros para incorporar terras a superfície productiva, en réxime de propiedade, aluguer, cesión ou doazón.
Subvención máxima de 500 euros por Há, ou proporción de acordo coa superfície a incorporar.
Prazo solicitude: Ata 02/08/2014.
LIÑA II.-Programa da mellora da mobilidade rural e posta en valor dos núcleos rurais da província.
Axudas destinadas a:
-Mellora, adecuación do firme e sinalización de camiños públicos de acceso a explotacións, terras, camiños forestais e núcleos rurais.
-Acondicionamento de rutas de sendeirismo e sendeiros.
-Construcción de depósitos de auga contra incêndios, bebedoiros de uso común e infraestructuras de regadio.
-Construcción ou rehabilitación e posta en valor de elementos tradicionais de uso colectivo, fontes, prazas publicas, etc.
Subvención máxima de 12.000 euros, (ive incluído), sin superar o 100% do coste do gasto subvencionable.
Prazo solicitude: Ata 02/08/2014.
Mais información e tramitación nas oficinas concello, Tlf. 982460001.
Luis Fdez Guitián.
Alcalde-Presidente
