O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE SANTA ANA E SANTIAGO EN GUNDIVÓS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE SANTA ANA E SANTIAGO EN GUNDIVÓS

O Concello de Sober colabora coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana en Gundivós que terán lugar a partir do xoves 24 e se prologarán ata o sábado 26.
 
A celebración dará comezo o xoves día 24 ás 21:00 horas cunha pancetada de balde e baile coa Orquestra Xente Nova. O día de Galicia, o 25 de xullo, haberá misa solemne con procesión ás 13:00 horas e sesión vermú. Tamén haberá festa de tarde noite coa Orquestra Samil.
 
O sábado 26 celebrarase unha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú. Á tarde noite haberá festa co Grupo Sensaciones.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e visitantes a participar na festa e celebrar o Día de Galicia. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober