O CONCELLO DE SOBER AMPLÍA A APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS ATA O VENRES 5

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER AMPLÍA A APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS ATA O VENRES 5

O Goberno local do Concello de Sober decidiu ampliar a apertura das piscinas municipais ata o venres día 5 e non pechalas o día 31 de agosto, tal e como estaba previsto. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que se manterán abertas cinco días máis máis atendendo ás boas previsión meteorolóxicas anunciadas para os primeiros días de setembro.
 
O rexedor explica ademais que o programa ‘Disfruta do verán nas piscinas de Sober’ foi todo un éxito e que todas as actividades gozaron de numeroso público. Ao longo do verán houbo numerosos obradoiros para os nenos e as nenas, de globoflexia, xogos con barro, ou xogos con paracaídas, así como cociña creativa, pintura sobre camisetas ou inchables, entre outros. Tamén houbo actividades para adultos como xogos deportivos e clases de Aquagym.
 
O horario das instalacións seguirá sendo de luns a venres de 13:00 horas a 21:00 horas.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober