O equipo de Goberno do Concello de Sober vén de publicar un Bando no que se anuncia a apertura do prazo para a presentación de instancias para a solicitude de axudas para o transporte escolar de estudantes universitarios.
O pasado ano beneficiáronse destas axudas preto de 30 mozos e mozas de Sober. As cantidades que perciben oscilan entre os 100 e os 300 euros anuais, dependendo da distancia entre o domicilio e o Campus onde estudan os alumnos e alumnas.
Todos os interesados e interesadas teñen de prazo ata o 31 de outubro de 2014 para presentar as súas solicitudes. A documentación que se require é a seguinte:
– Fotocopia do DNI
– Certificado de empadroamento
– Matrícula universitaria
– Certificado bancario
– Declaración xurada do número de viaxes que realiza ao domicilio durante o curso
– Declaración da renda familiar
A entrega da documentación farase nas oficinas municipais do Concello de Sober.
