A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER PROMOVE O ‘FALADOIRO DOS LUNS’ PARA PRESERVAR AS TRADICIÓNS

  • Home
  • Novas
  • A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER PROMOVE O ‘FALADOIRO DOS LUNS’ PARA PRESERVAR AS TRADICIÓNS

A Biblioteca Municipal de Sober vén de aceptar a proposta dun grupo de persoas adultas dispostas a contar e compartir experiencias propias e sabedoría como un modo de preservar as tradicións. O 24 de novembro comezarán os ‘Faladoiros dos luns’, unha actividade sociocultural aberta a todos e todas aqueles que teñan unha habilidade persoal e estean dispostos a compartila para que non se perda.
 
A cita será todos os luns ás 16:30 horas no Centro Sociocultural de Sober. Os organizadores animan  aos veciños e veciñas a que participen e compartan as súas destrezas, tales como a calceta, receitas, trucos de reciclaxe, adornos de Nadal, etcétera.
 
A primeira das propostas para o luns 24 céntrase na temática de Nadal, na que os participantes poidan compartir consellos sobre a decoración, así como historias e lendas sobre esta celebración e cómo ten evolucionado.
 
Os interesados en formar parte deste novo proxecto poden obter máis información no Centro Sociocultural de Sober ou nos números de teléfono 982460513/982460414.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober