A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE SOBER CONVOCA O CERTAME DE POESÍA E POSTAIS ‘NADAL 2014’

  • Home
  • Novas
  • A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE SOBER CONVOCA O CERTAME DE POESÍA E POSTAIS ‘NADAL 2014’

A Biblioteca Pública do Concello de Sober vén de convocar o certame de poesía e postais ‘Nadal 2014’ cun único tema xeral para todos os traballos: o Nadal.
 
Os interesados e interesadas en participar no certame poderán facelo a través de tres categorías: ata os 8 anos, de 9 a 11 anos e a partir de 12 anos.
 
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas deberán estar escritos en lingua galega e a extensión non debe superar un folio por unha soa cara. O tamaño para as postais é libre. Cada traballo debe levar consigo unha folla na que se anoten os datos do autor ou autora.
 
Os traballos poden entregarse na Biblioteca Pública ata o 22 de decembro. Os premios consistirán nun diploma e un lote de libros. A entrega levarase a cabo o día 9 de xaneiro.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober