O GOBERNO LOCAL E A ASOCIACIÓN DEPORTIVA A PONTE VELLA ORGANIZAN O I TROFEO BTT CONCELLO DE SOBER

  • Home
  • Novas
  • O GOBERNO LOCAL E A ASOCIACIÓN DEPORTIVA A PONTE VELLA ORGANIZAN O I TROFEO BTT CONCELLO DE SOBER

 O Goberno local e a Asociación Deportiva A Ponte Vella organizan o I Trofeo BTT Concello de Sober. A proba desenvolverase o vindeiro sábado día 21 nas inmediacións das piscinas municipais da localidade.
 
Trátase da segunda proba puntuable do Open Galicia.
 
As inscrición poderán facerse o mesmo día a partir das 15:00 horas. O percorrido ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos e todas as deportistas a participar no evento “como unha maneira saudable máis de conmemorar o Mes do Amandi”.
 
Todos e todas aqueles que precisen máis información poden obtela a través do mail adapontevella@gmail.com

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober