ANLLO CELEBRA O SEU PRIMEIRO FESTIVAL DE ROCK

  • Home
  • Novas
  • ANLLO CELEBRA O SEU PRIMEIRO FESTIVAL DE ROCK

O Goberno local do Concello de Sober colabora co I Festival de Rock&Anllo que se celebrará o venres 17 de xullo. O evento desenvolverase no campo da festa de Anllo Santo Estevo.
 
Ao longo da noite actuarán 3 grupos galegos, un deles de Sober, e dous Dj’s locais.
 
En concreto, haberá actuacións de:
 
– Doc Magoo´s, de Monforte de Lemos.
– Cabo da Vila, de Viana do Bolo.
– The Carallos, de Sober.
 
Os Dj´s:
 
– Nacho, de Rectoral de Anllo.
– Iván, de Sistindomato.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, anima a todos os mozos e mozas da Comarca a participar neste novo evento musical, así como a todos e todas os que se atopen de visita pola Ribeira Sacra.