VOLVEN AS MERENDAS CON CONTOS AO CONCELLO DE SOBER

  • Home
  • Novas
  • VOLVEN AS MERENDAS CON CONTOS AO CONCELLO DE SOBER

O Goberno local do Concello de Sober retoma o venres día 16 a celebración das ‘Merendas con contos’, un programa co que se pretende animar a todos os nenos e nenas a somerxerse no mundo da lectura. As actividades, que se van programar ao longo de todo o curso escolar, serán os venres ás 17:30 horas na Casa da Cultura.
 
En outubro as Merendas con contos celebran o ‘Mes da Biblioteca’, que se conmemora o día 24.
 
Este primeiro venres, día 16, comeza a actividade ‘Álbum dos contos’ na que os nenos e nenas participantes colocarán adhesivos dos libros lidos cada venres cun debuxo e unha pequena valoración. Tamén se farán traballos preparatorios para festexar o día 24.
 
O venres día 23 Micromina Teatro de Títeres porá en escena Martín, Martín, unha actividade que se engloba no programa Buxiganga, da Deputación de Lugo.
 
O venres día 30 o programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, achega a Sober o espectáculo de contos e debuxos O misterio Benito Soto protagonizado polo Correo do Vento.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober