O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NA CONTORNA DA CAPELA DE MER

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS NA CONTORNA DA CAPELA DE MER

O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar, con cargo á Area de Rehabilitación Integral (ARI) e co financiamento do Ministerio de Fomento e da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, as obras humanización de espazos públicos no rural na contorna da capela de Mer.
 
En concreto, renovouse o pavimento do entorno da capela con adoquín e procedeuse á construción das escaleiras e a rampla de acceso. Ademais reconstruíuse o muro de cantería que bordea o recinto da igrexa, colocouse mobiliario urbano, instaláronse luminarias de baixa contaminación e unha xardineira de cantería. A obra foi financiada nun 60% polo Goberno local en nun 40% polo Ministerio e a Consellería.
 
O rexedor do Concello soberino, Luis Fernández Guitián, destacou que  estas actuacións, “executadas por empresas da localidade”, cambian o entorno da capela de Mer por completo”. Fernández Guitián asegurou tamén que estas obras “confirman o interese, a preocupación e a aposta do seu equipo de Goberno polo rural e pola mellora de todos os núcleos de Sober”.
 
Próximas actuacións de mellora do rural
Nos próximos días o Concello de Sober rematará a execución de traballos similares de adecuación do espazo urbano na Pena de Proendos e prevese, tal e como avanza o rexedor, que nos próximos meses se acometan melloras na Praza da Igrexa de Bolmente e no Barrio de Outeiro. Todas estas actuación son acometidas por empresas locais.
 
 
Resumo
 
 


2015
Xa rematadas: Praza de Doade e Rúa da Estación de Canabal
 
2016 Xa rematadas: Praza do Campo de Pinol, Espazo de lecer en Naz e Praza de Rosende, contorna da Capela de Mer
 
2016 En execución: Espazo urbano na Pena de Proendos
 
2016 Próximas a executar: Praza da Igrexa de Bolmente e Rúas do lugar de Outeiro entre as parroquias de Proendos e Arroxo.