O CONCELLO DE SOBER INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS DE REPARACIÓN DE DANOS NA RIBEIRA DE DOADE

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS DE REPARACIÓN DE DANOS NA RIBEIRA DE DOADE

O Goberno local do Concello de Sober informa do comezo das obras de reparación de danos na Ribeira de Doade. En concreto, esta         semana a empresa Tragsa iniciou os traballos de reparación dos danos ocasionados pola tormenta de pedrazo do pasado mes de agosto en pistas e servizos públicos de diferentes lugares da ribeira de Doade. Calcúlase que un 90 por cento afecta ao Concello de Sober e o resto a Monforte.
                       
O Concello de Sober xa fixera os primeiros arranxos de urxencia ás 48 horas de terse producido o fenómeno meteorolóxico adverso ao tempo que solicitou da Consellería do Medio Rural melloras en maior profundidade. Tras a avaliación por parte dos técnicos e a confección do correspondente informe o departamento que dirixe Ánxeles Vázquez                         comprometeuse a financiar estes traballos na súa totalidade.
                       
Os traballos iniciados teñen un presuposto de 80.000 euros e consisten na construción de dous muros de contención e os correspondentes pasos  para salvar o regato de Seoane e melloras xerais en pistas coa limpeza de cunetas, melloras de pasos de auga e mellora de firme con zahorra ou formigón nas zonas con máis pendente.
                        
As obras afectarán entre outras ás zonas de Seoane, San Amaro,   Meixemán, Carvallo Cobo, A Ponte, Pombeiras, A Capitana ou Capeliños.
                       
Os traballos levanse a cabo nunha época moi  axeitada debido a que coa chegada do outono os traballos nesta época na ribeira son escasos e as obras traerán consigo poucos molestis entre os viticultores da zona. 
                     
Dende o Concello de Sober o alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece o compromiso e axilidade mostrado dende a Consellería do Medio Rural tanto cos viticultores, como co propio Concello logo da desgraza do grave pedrazo caído a mediados de agosto.