O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, vén de participar en Londres nunhas probas convocadas pola London Symphony Orchestra para cubrir unha praza de tuba, proceso ao que se presentaron máis dun centro de músicos de todo o mundo. O director, natural de Boqueixón, conseguiu chegar ata a fase final, á que accederon menos dunha decena de persoas.
O Goberno local do Concello de Sober felicita a Franqueiro e asegura que esta proba lle abrirá “importantes portas para o seu futuro no mundo da música”.
Repercusión internacional
Miguel Fraqueiro tivo que participar en dúas fases e facer unha lectura a primeira vista. Asegura que foi unha experiencia “única” que lle permitirá darse a coñecer a nivel internacional. Tamén favoreceu que coñecera ao director titular da London Symphony Orchestra, Simon Rattle.
A London Symphony Orchestra é unha das máis importantes do mundo e do seu seo teñen saído importantes bandas sonoras, como a da saga da afamada Star Wars.
https://es.wikipedia.org/wiki/Orquesta_Filarm%C3%B3nica_de_Londres
Estratexia de sustentabilidade ambiental para contribuír á adaptación ao cambio climático no municipio de Sober no ámbito da enerxía e dos residuos17 de Xaneiro de 2017A DIRECTORA DA ESCOLA DE TEATRO DE SOBER, EVA F. FERREIRA, FINALISTA NO X PREMIO DE TEATRO RADIOFÓNICO DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA26 de Xaneiro de 2017
