O CONCELLO DE SOBER CONVOCA EN TWITTER O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ‘ENCHE SOBER DE AMANDI’

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CONVOCA EN TWITTER O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ‘ENCHE SOBER DE AMANDI’

O Concello de Sober continúa coa ampla programación de actividades enmarcadas dentro do Mes de Amandi. O Goberno local vén de organizar o concurso de fotografía ‘Enche Sober de Amandi’ na rede social Twitter. O alcalde, Luis Fernández Guitián, precisou que esta iniciativa pretende “dar visibilidade ao viño de Amandi e á XXXVll Feira do Viño de Amandi nas redes sociais”.
 
Deste xeito, precisou, “o certame porase en marcha os días 8 e 9 de abril e consistirá en recoller unha imaxe do municipio que teña que ver co viño Amandi e subila ao Twitter”.
 
Guitián sinalou que poderá participar no concurso calquera persoa que sexa maior de idade e o procedemento será o seguinte:
 
·       Recoller unha instantánea no Concello de Sober que ademais teña que ver co Amandi e publicala no Twitter
 
·       Para iso, os participantes deben ser seguidores do Twitter do Concello de Sober, https://twitter.com/ConcellodeSober
 
·       Deben mencionar no tweet a @concellodesober
 
·       Publicar a imaxe co hashtag #enchesoberdeamandi e engadir a ubicación no tweet
 
 
Tres lotes de viño de Amandi en xogo
Unha vez finalizado o concurso, un xurado formado por profesionais da imaxe será o encargado de elixir ao vencedor e a dous accésit. Os premios consistirán en tres lotes de viño de Amandi.
 
Nun prazo de 3 días despois de finalizar o concurso publicarase nas redes sociais do Concello de Sober o nome dos gañadores. Para obter o premio, o usuarios deberán confirmar os seus datos poñéndose en contacto co Concello. Se pasados cinco días desde a publicación dos vencedores non se puxeron en contacto co Concello, perderán a condición de gañadores e contactarase cos suplentes.
 
O premio recollerase no Concello de Sober onde o alcalde, Luis Fernández Guitián, fará entrega do mesmo.