O CONCELLO DE SOBER INICIA MAÑÁ A CAMPAÑA ANUAL DE VACINACIÓN CANINA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER INICIA MAÑÁ A CAMPAÑA ANUAL DE VACINACIÓN CANINA

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, vén de publicar un Bando da Alcaldía no que informa do inicio, mañá venres día 19, da campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina no termo municipal.
 
A campaña é voluntaria, pero recórdase aos propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 de 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio sen excepción ter os cans identificados con microchip.
 
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008  (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado aos cans identificados legalmente con microchip.
 
A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ao número do veterinario do recorrido -689 10 35 94- o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza mañá, día 19 de maio e farase en horario de mañá. 
 
O calendario da campaña será:
 
            -Venres 19 de maio: CANABAL, VILAESCURA.
            -Luns 22 de maio: ROSENDE, MILLÁN.
            -Martes 23 de maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN.
            -Xoves 25 de maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.
            -Venres 26 de maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES.
            -Luns 29 de maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS.
            -Martes 30 de maio: AMANDI, DOADE.
            -Xoves 1 de xuño: BULSO, STA.CRUZ BROSMOS.
            -Venres 2 de xuño: NEIRAS, GUNDIVÓS.

Aqueles que xa estean vacinando aos seus cans co veterinario do recorrido  xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.
 
Os prezos son:
-Vacina Rabia+tratamento antiparasitario antihidatídico: 15 euros.
-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado(‘cartilla’): 33 euros.
-Outras Vacinas ou Trámites: Preguntar ao veterinario.