O CONCELLO DE SOBER ABRE ESTE MÉRCORES AS PISCINAS MUNICIPAIS CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ABRE ESTE MÉRCORES AS PISCINAS MUNICIPAIS CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O Goberno local de Sober abre o mércores día 28 as piscinas municipais cunha xornada de portas abertas, é dicir, de balde para todos os que decidan achegarse. O horario das instalacións será de 13:00 horas a 21:00 horas.
 
O Concello de Sober volve poñer a disposición dos usuarios os bonos, ademais de entradas infantís e para adultos. As primeiras terán un custo de 1,50 euros, mentres que as dos adultos -as persoas de máis de 14 anos- custarán 2,50 euros. Os menores de seis anos non pagan.
 
Haberá un bono mensual familiar de 40 euros, bono infantil mensual por un prezo de 20 euros e bono mensual individual por 30 euros.
 
Unha ampla programación
Un ano máis o Goberno local ten preparada unha ampla programación para os meses de verán no recinto das piscinas. Haberá bibliopiscina; cursos de natación para nenos e adultos, os martes e xoves ás 16:00 horas; obradoiro de pintura para nenos e nenas, dirixido por Alejandro Ciurluini os mércores ás 19:00 horas; e aquagym os mércores e venres ás 16:30 horas.
 
Para participar nestas actividades é necesario anotarse nas propias instalacións, onde os interesados poden obter toda a información que precisen.  O alcalde, Luis Fernández Guitián, avanza que de novo haberá xornadas con inchables polo éxito que sempre teñen, así como outras novidades que se irán dando a coñecer nas vindeiras semanas.