O CONCELLO DE SOBER INICIA O LUNS A CAMPAÑA ANUAL DE VACINACIÓN CANINA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER INICIA O LUNS A CAMPAÑA ANUAL DE VACINACIÓN CANINA

O Goberno local do Concello de Sober levará a cabo desde o vindeiro luns día 21 a campaña anual de vacinación canina. Así, o alcalde vén de publicar un bando no que se anuncia a campaña de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina no termo municipal.
 
A campaña é voluntaria, pero recórdase aos propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 de 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio sen excepción ter os animais identificados con microchip.
 
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008  (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado aos cans identificados legalmente con microchip.
 
A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ao veterinario do recorrido Xosé Tomé – 689 10 35 94-  o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o 21 de maio e levarase a cabo en horario de mañá. 
 
O calendario da campaña será:
 
            -Luns 21 de maio: Canaval, Vilaescura
            -Martes 22 de maio: Rosende, Millán
            -Xoves 24 de maio: Refoxo, Sober, Proendos, Liñarán
            -Venres 25 de maio: Anllo, San Martiño e San Estevo
            -Luns 28 de maio: Figueiroá, Bolmente, Barantes
            -Martes 29 de maio: Santiorxo, Pinol, Lobios
            -Mércores 30 de maio: Gundivós
            -Xoves 31 de maio: Amandi, Doade
            -Venres 1 de xuño: Neiras
            -Luns 4 de xuño: Bulso, Santa Cruz
           
Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do recorrido xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.
 
Os prezos son:
-Vacina Rabia 15 euros.
-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado (‘cartilla’): 33 euros.
-Outras Vacinas ou Trámites: Preguntar ao veterinario.