A MÚSICA CON RAÍCES EN SOBER ANA FERNÁNDEZ GAYOSO OFRECE O SÁBADO UN CONCERTO DE PIANO

  • Home
  • Novas
  • A MÚSICA CON RAÍCES EN SOBER ANA FERNÁNDEZ GAYOSO OFRECE O SÁBADO UN CONCERTO DE PIANO

A música con raíces en Sober Ana Fernández Gayoso ofrece o sábado día 9 un concerto de piano no Centro Sociocultural da localidade. A actuación está prevista para as 20:00 horas.
 
Fernández Gayoso nace en Monforte de Lemos en 1993. Obtén o Grao Superior en Piano no Conservatorio Superior de Vigo (2015), onde estudia con Arabel Moráguez e Nicasio Gradaille e no Conservatorium van  Maastricht (2016), onde estudia con Katia Veekmans.
 
Ten asistido a clases maxistrais con profesores como María Jesús Crespo, Rasa Biveiniene, Constantin Sandu, Giampaolo Nutti ou María Szraiber. Participa en concertos no marco dos cursos “Bonporti Summer Piano_Lab” en Baselga di Pinè (Italia) e “Piano Fórum” en Vila Praia de Ancora (Portugal), así como noutras localidades e conservatorios de Galicia e Maastricht. Participa tamén no ciclo “MusicAD” organizado pola Deputación de Lugo e no “Ciclo de Xoves Intérpretes” da Asociación da Lírica Teresa Berganza. 

Como profesora traballou no Conservatorio de Música de Monforte de Lemos e no Conservatorio de Danza da Coruña. Actualmente traballa no Conservatorio de Música de Ribadavia e remata o Máster en Formación do Profesorado na Universidade de Santiago Compostela. A moza tamén formou parte da Banda de Música de Sober.
 
PROGRAMA
1ª Parte
 
-BEETHOVEN: Sonata Op. 2 Nº 3 en Do M
I.       Allegro con brio
II.      Adagio
III.     Scherzo
IV.     Allegro assai        
2ª Parte
 
-CHOPIN: Scherzo Op. 20 Nº 1 en si m
-RAVEL: Jeux d´eau
-GÓRECKI: Sonata Op. 6 Nº1
I.       Allegro molto, con fuoco
II.      Grave pesante e corale
III.     Allegro vivace ma non troppo