O Goberno local do Concello de Sober convoca tres certames polo Nadal; un deles de beléns, un de postais e un de poesía.
As inscricións poderán facerse ata o día 21 de decembro na Biblioteca Pública Municipal de Sober. A entrega dos premios será o día 2 de xaneiro ás 17:30 horas no Centro Sociocultural.
Beléns
Para o certame de beléns establécense dúas categorías: adultos e infantil. O xurado cualificador pasará a ver os beléns o día 28 de decembro.
Poesía
No caso do certame de poesía, establécense tres categorías: ata os oito anos, de nove a once anos e dos doce aos 16 anos. O tema xenérico será o Nadal. Todos os traballos deben ir acompañados dos datos do autor ou autora e ser redactados en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha sola cara.
Os traballos premiados recibirán un diploma e un lote de libros. Os que consigan recoñecemento neste certame local participarán tamén no concurso que convoca a Biblioteca Pública de Lugo.
Postais
O tema será, ao igual que no caso das poesías, o Nadal. Hai catro categorías: ata os oito anos, de nove a once anos, de doce a dezaseis anos e a partir dos 17 anos.
Os orixinais deben ir acompañados dos datos do autor ou autora. O traballo e os materiais son de libre elección. As poesías premiadas recibirán un diploma e un lote de libros.
MIGUEL FRANQUEIRO BECERRA DEBUTARÁ COMO TUBA SOLISTA COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE BARCELONA E NACIONAL DE CATALUÑA (OBC) NO SEU VINDEIRO PROGRAMA13 de Novembro de 2018O CONCELLO DE SOBER ABRE UN NOVO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA OBRAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS4 de Decembro de 2018
